CURSOS 2015-2016 - Participación Cidadá

Actividades organizadas por la Concejalía de manera gratuita en las Asociaciones Vecinales de la Ciudad:

 

 

 

CURSOS 2015-2016

 

A Concellería de Participación Cidadá realizará, a través das asociacións de veciños, 128 cursos de dinamización abertos a todos os ourensáns. Estas actividades realizaranse dentro dos 54 locais veciñais existentes por toda a cidade, e terán lugar entre os meses de outubro 2015 e maio 2016. Manualidades, obradoiros de memoria e zumba, por esta orde, son os máis solicitados na concellería que dirixe Belén Iglesias, aínda que tamén haberá cursos de baile, risoterapia, encaixe de bolillos, cociña, teatro, informática ou bailes latinos,Ioga, Pilates entre outros.

"Dende Participación Cidadá estamos a realizar diferentes actuacións, pero queremos que sexan cada día máis', afirma a concelleira, destacando que se incrementan en 5 os cursos respecto do ano pasado. 'O noso obxetivo é o de facer máis viva e real a participación dos ourensáns na definición de cidade que queremos', afirma.

O listado dos cursos foi proposto desde a Concellería ás asociación de vecinos, que terán que confirmalo no rexistro do Concello de Ourense antes do xoves 8 de outubro de 2015. As persoas que queiran inscribirse nos cursos só precisan pertencer a unha asociación rexistrada na lista de entidades cidadáns de Ourense e comunicarllo á asociación onde quieran realizar a actividade. Cada materia constará de 40 horas repartidas en clases dunha hora e media.

En palabras de Belén Iglesias, 'a Concellería de Participación Cidadá ten como obxectivo primordial que os ourensáns se involucren nos asuntos e na vida colectiva da cidade. Por iso, desde este servizo entendemos que é preciso avanzar na democracia participativa rompendo a brecha entre administrados e administradores'.

enlace