Convocatoria para a selección de proxectos formativo-participativos para Participación Cidadá para o ano 2018

Poderán presentar proxectos formativos-participativos, As persoas físicas e xurídicas que ostenten plena capacidade de obrar, capacitación técnica e habilitación profesional, e que non estean incursas nalgunha causa de exclusión ou prohibición para contratar coas administracións públicas.O prazo para a presentación de proxectos para o ano 2018 :, será ó día 07 de xullo de 2017.

Custo das contratacións

Para o exercicio 2018 fíxanse os siguintes importes:

  • Cursos de carácter anual:
    • 28 euros/hora Empresas, autónomos, que contraten un Seguro de RC, para as actividades, e garantan a substitución do monitor no caso de baixa ou incapacidade temporal.
    • 22 euros/hora Empresas, autónomos, que teñan contratado un Seguro de RC.
    • 20 euros/ hora Empresas, autónomos, que non garanticen o relevo do monitor no caso de baixa oo de incapacidade temporal.
  • Cursos de Verán ou Nadal:
    • 35 euros / hora Empresas, autónomos, que teñan contratado un Seguro de RC, para as actividades, e garantan o relevo do monitor no caso de baixa ou incapacidade temporal
    • 28 euros/hora Empresas, autónomos, que teñan contratado un Seguro de RC.
    • 25 euros/hora Empresas, autónomos, que non garanticen o relevo do monitor no caso de baixa ou incapacidade temporal.

Os cursos de informática, verán incrementadas estas cantidades en dous euros (2 euros/hora), en concepto de gasto polo uso de equipos informáticos e conexións a internet. Os cursos que se realizan en locais de asociacións de veciños do perímetro rural levarán un incremento a maiores de dous euros (2 euros/hora), para compensar o desprazamento.

Crédito orzamentario

Os contratos para impartir os cursos adxudicaranse con cargo á partida 190.9240.22694 "Gastos diversos e programación Participación Cidadá" ou partida que a substitúa no orzamento, como anticipado de gasto, polo que a execución do contrato quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente..

Plazo e lugar de presentación

As solicitudes deberán presentarse  ata o 7 de xullo de 2017, no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou en calquera das formas contempladas no art. 16 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Poderanse presentar ata tres proxectos para as actividades anuais, e cinco para as actividades de verán.

Poderán se presentar ate tres proxectos para as actividades anuais, e cinco para as actividades de verán.