Accesibilidade

O Concello de Ourense está firmemente comprometido coa accesibilidade do seu Portal e desexa que os seus contidos cheguen ao maior número de usuarios. Para conseguir este obxectivo utiliza tecnoloxías estándar establecidas por W3C e segue as Directrices de Accesibilidade WAI 1.0.

O Portal foi revisado coa ferramenta TAW 3.0; non detectándose ningún erro automático para a maioría dos contidos na revisión AAA; e cumpre co nivel AA das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 de W3C-WAI.

Entre as principais medidas adoptadas para mellorar a accesibilidade, atópanse as seguintes:

Imaxes. Incluíronse versións alternativas a modo texto. Tamaño do texto. As fontes utilizadas teñen dimensións relativas, de xeito que o usuario pode controlar o seu tamaño dende o navegador que este utilizando.

 Deseño, navegación e interactividade. Tratouse de conseguir unha navegación coherente en todo o sitio web, seguindo os mesmos esquemas estruturais en todas as páxinas. Así mesmo separouse a información da súa presentación gráfica de maneira que os usuarios que o desexen poidan navegar por os contidos a maior velocidade, deshabilitando a descarga de follas de estilo no seu navegador.

No Portal do Concello de Ourense existen enlaces a páxinas que se atopan noutros servidores e das cales non nos facemos responsables en canto á accesibilidade das mesmas.

No Concello de Ourense seguiremos traballando para mellorar a accesibilidade do Portal e alcanzar o nivel de accesibilidade AAA