Actividades organizadas pola Concellería de xeito gratuito nas Asociacións Veciñais da Cidade:

 

Curso de manualidades

Asociacións nas que se imparte este curso:

A Follateira Manualidades Luns 16:00-17:30
Rabodegalo Manualidades Luns 18:00-19:30
Couto Manualidades Luns 18:30-20:00
Santa Ana do Pino Manualidades Mércores 18:00-19:30
Polvorin Manualidades Mércores 16:30-18:00
O Castelo Manualidades Mércores 16:00-17:30
San Estevo de Untes Manualidades Sabado 16:00-17:30
Santa Olaia de Beiro Manualidades Sabado 16:00-17:30
San Miguel de Canedo Manualidades Venres 18:00-19:30
Os Rosais Manualidades Xoves 16:00-17:30
Portovello-Lagoas Manualidades Xoves 18:00-19:30
Barbaña Manualidades Xoves 16:00-17:30
A Granxa Manualidades Xoves 18:00-19:30

1. CONTIDO.
O presente proxecto consiste no desenvolvemento de talleres de manualidades , cada taller incluirá as seguintes actividades:

  • Botes de zinc decorados (con papeles, craquelados e patinados).
  • Figuras de poliresina.
  • Patchwork.
  • Garrafóns de cristal.


2. OBXECTIVO XERAL
Adquirir un coñecemento e habilidades básicas nas diferentes técnicas artísticas propostas.


3. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Potenciar a capacidade máxima de cada usuario en canto a destrezas, actitudes e competencias, especialmente, manipulativas.
  • Aprender a traballar en equipo como factor socializador.
  • Desenvolvemento da motriciade fina e grosa.
  • Motivación que implique participación activa.
  • Fomentar a iniciativa e a creatividade.
  • Procurar a participación activa da cidadanía a través do movemento asociativo.


3. METODOLOXÍA
A metodoloxía didáctica a empregar consiste na supervisión indirecta e a resolución de dúbidas e problemas deixando a maior marxe posible a creatividade e iniciativa persoal.


4. TEMPORALIZACIÓN.
Os talleres desenvolveranse entre os meses de octubre de 2013 e maio de 2014.
O número de participantes en cada taller será dun mínimo de 15 participantes e un máximo a determinar por cada asociación solicitante tendo en conta as particularidades de cada asociación.
En concreto, cada taller terá unha duración dunha hora e trinta minutos.