Curso de bailes latinos - Participación Cidadá

Actividades organizadas pola Concellería de xeito gratuito nas Asociacións Veciñais da Cidade:

 

Curso de bailes latinos

Asociaciones nas que se imparte este curso:

Loureiro Bailes Latinos martes 20:00-21:15
San José de Vistahermosa Bailes Latinos martes 18:00-19:15
Burgas Bailes Latinos martes 19:30-20:45
Santa Teresita Bailes Latinos Mércores 20:30-21:45
Tras Estación Bailes Latinos Mércores 20:00-21:15
San Miguel de Canedo Bailes Latinos Sabado 20:00-21:15
Loña Bailes Latinos Venres 18:00-19:15
Casco Vello Bailes Latinos Venres 20:00-21:15
Ribeira Miño Bailes Latinos Xoves 20:00-21:15
Virxe da O Bailes Latinos-perfecionamento Mércores 20:30-21:45

1. CONTIDO

Nesta actividade, os participantes achegaranse ó baile para comprobar os múltiples beneficios que este supón tanto como actividade física como liberador de estrés e xerador de habilidades a nivel social.

2. OBXECTIVOS

  • Bailar estimula a circulación sanguínea e polo tanto mellorará todo o organismo.
  • É unha boa forma de queimar calorías. Combate o sobrepeso, a obesidade e os niveis elevados de colesterol.
  • Bailar axuda a correxir as malas posturas derivadas da vida diaria, no traballo ou por falla de exercicio, ademais, aumenta a flexibilidade, forza e resistencia.
  • O baile contribúe a mellorar a axilidade e coordinación de movementos, así como  o equilibrio. É un bo exercicio para o cerebro, pois mellora a concentración e memoria.
  • Bailar é unha excelente forma de superar a timidez e establecer novas relacións.
  • O baile permite relaxarse e liberar tensións, axudando a reducir o estrés, a ansiedade e a depresión. Bailar levanta o ánimo.

Ademais de todos os beneficios físicos e mentais expostos, o mellor do baile é a diversión. É prácticamente imposible bailar sen sonrír.

3. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Utilizar as diferentes formas de expresión, fomentar a creatividade e a capacidade para disfrutar do baile.
  • Coñecer o propio corpo, favorecendo o desenvolvemento persoal mediante condutas que melloren a saúde e o deporte.
  • Apreciar os valores de convivencia, igualdade, solidaridade, tolerancia e non discriminación.
  • Adquirir as habilidades que lle permitan tomar decisións, colaborar en actividades en grupo, actuar con responsabilidade e desenvolverse con autonomía.
  • Baile de salón
  • Ritmos latinos

Para lograr estos obxectivos  utilizaránse dúas modalidades de baile:

  • Bailes de salón
  • Ritmos latinos

Durante as sesións, os alumnos terán que realizar pasos e coreografías en parella para estimular o traballo cooperativo.

Como hai grupos de diferentes idades as coreografías variarán  duns grupos a outros, así como o seu nivel de dificultade.

4. METODOLOXÍA

    A estrutura das clases é:

  • Quecemento
  • Repaso de pasos vistos con anterioridade
  • Explicación dun ou varios pasos ( realizaránse habitualmente dous tipos de baile por sesión)
  • Reflexión final sobre o aprendido

5. TEMPORALIZACIÓN

A actividade levarase a cabo en sesións dunha hora e o número de participantes variará en función do espazo de cada local.