Curso de Informática - Participación Cidadá

Actividades organizadas pola Concellería de xeito gratuito nas Asociacións Veciñais da Cidade:

 

Curso de Informática

Asociacións nas que se imparte este curso:

O Castelo Informatica Basica Martes 16:15-17:30
Loña Informatica Basica Martes 18:15-19:45
Ponte Canedo Informatica Basica Mércores 18:00-19:15
A Follateira Informatica Basica Mércores 16:00-17:15

1. CONTIDO

 Dado que o mundo cambia, nós temos que facelo con el. Adaptarse ás novas tecnoloxías, é cada vez máis necesario e imprescindible, tanto a nivel laboral, coma de ocio, ou simplemente informativo.

 As posibilidades que nos ofrece o mundo da informática son infinitas, e dado que non hai idade límite para aprender, este curso dános a opción de internarnos neste campo e coñecer dende unha asociación primeiro e logo dende casa todo o imprescindible para manexarse cun ordenador. 

 

 2.OBXECTIVOS XERAIS  

 . Curso de Iniciación á Informática, coa finalidade esencial de aprender do ordenador e co ordenador, co obxectivo de ensinar aos principiantes o funcionamento deste e das distintas aplicacións dispoñibles.

 . Alfabetización tecnolóxica, oportunidade de internarse no campo da informática e das novas tecnoloxías dun xeito sinxelo e práctico. Coñecer Internet, que é e como acceder.

 . Desenvolvemento social e persoal.

 . Ocio e desfrute individual e grupal.

   

 3. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 

 Este sería o temario a abordar ao longo da acción formativa: 

1. O ordenador e os seus accesorios. 

2. Unidades de disco. 

3. Sistema operativo. 

4. O teclado. 

5. O escritorio. 

6. O rato.

7. Algunhas aplicacións e accesorios de Windows (Caderno de Notas, Calculadora, Worpad, Xogos). 

8. Carpetas e arquivos. 

9. As ventás de Windows. 

10. Abrir Word, primeiros pasos (Crear e Guardar un documento, formatearlo, Copiar, Cortar, Pegar, Eliminar, Restaurar, Imprimir...). 

11. Utilización do Pen. 

12. Nocións básicas de Internet:

 a. Navegar por Internet (Que é Internet, Qué necesitamos para acceder, Navegación, Las páxinas e as direccións Web, La ventá do navegador, Buscar en Internet...).

 b. Correo Electrónico (Crear unha conta de correo, entrar, ler mensaxes, redactalos, envialos, achegar arquivos...). 

 

  4.METODOLOXÍA

  Emprégase unha metodoloxía activa e práctica dende o primeiro día. A cada asociación desprazámonos cos equipos informáticos e o material necesario para o seu funcionamento.

 A primeira formulación consistiu en saber que é e como funciona un ordenador, partindo de ideas básicas en canto ao tratamento do equipo, a súa utilización e o seu coidado, aprender a acendelo e apagalo correctamente, familiarizarse co uso do rato e do teclado, internarnos no escritorio, esa primeira pantalla que se encontra nada máis acender o ordenador e que nos permite acceder a todo. Analizamos o que é unha ventá unha carpeta un arquivo, como se crean, cópianse, gárdanse, envíanse, elimínanse, restáuranse...

  Internámonos en Word, aprendendo a crear un documento, a formatalo, a gardalo, a envialo ao noso pen, realizando exercicios prácticos ao respecto, para comprobar a asimilación real de conceptos.  

 Accedemos a Internet, un mundo novo e infinito, que lles fai descubrir como ver unha carteleira de cine e reservar as súas entradas, como ler e consultar calquera tipo de prensa, como acceder á páxina do Concello e estar ao día con todo o que acontece na súa cidade, que pasos seguimos para pedir unha cita médica, como podemos encontrar unha receita de cociña que nos interesa... descubrimos como se pode crear unha conta de correo electrónico, enviar imaxes, chatear con amigos...

 En calquera caso demostran a súa capacidade para aprender, desaprender e reaprender, demostrando na maioría dos casos, grande adaptabilidade e grao de autonomía, sorprendendo en moitos casos coa súa creatividade e coa súa curiosidade.

 

 

5.TEMPORALIZACIÓN

 O curso iniciouse no mes de Outubro e rematará en Maio. As sesións en cada asociación son dunha hora e media á semana.