Rexistro municipal de entidades cidadáns 

O REGULAMENTO ORGÁNICO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ foi aprobado polo Pleno do Concello o 7 de xullo de 2006, ao abeiro da Lei 57/2003 do 16 de decembro, denomindado: Lei de medidas para a modernización do goberno local. No noso Regulamento establécense os dereitos e deberes das asociacións e entidades sen ánimo de lucro que teñen o seu domicilio social no termo municipal de Ourense.

separador

 

Porqué é necesario un Rexistro Municipal de asociacións e entidades sen ánimo de lucro? 

Segundo o regulamento orgánico de participación cidadá considéranse entidades cidadás as asociacións constituídas para a defensa dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños previamente inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións, que estean tamén no rexistro municipal de asociacións do Concello de Ourense. Terán como obxectivo:

    • Promocionar a vida asociativa na cidade. Nos seus distritos e nos seus barrios, garantindo a convivencia solidaria e equilibrada sobre os asuntos políticos da súa cidade, desde o respecto e cumprimento da libre concorrencia de iniciativas pola cidadanía.
    • Garantir o acceso da cidadanía aos recursos e estruturas.
    • Garantir a solidariedade entre os distintos barrios e distritos do termo municipal.
    • Garante o exercicio dos dereitos recoñecidos polo Regulamento de Participación Cidadá.
    • Coñecer por parte do Concello os datos máis importantes da sociedade civil da cidade, a representatividade das entidades, o grao de interese ou a utilidade cidadá das súas actividades.

separador

Quen se pode rexistrar? 

As entidades cidadás con domicilio social no municipio de Ourense, que estean acreditadas ante o Excmo. Concello de Ourense como asociacións, federacións, confederacións ou unións de asociacións de base, que cumpran os seguintes requerimentos:

a) Ser entidades de carácter asociativo, sen ánimo de lucro, constituídas consonte ao Réxime Xeral de Asociacións.

b) Ter a sede no municipio de Ourense.

c) Ser como finalidade fundamental, (en acordo dos seus estatutos): a defensa, o fomento, a representación e promoción dos intereses xerais ou sectoriais da cidadanía e a mellora da súa calidade de vida.

d) Que veñan realizando programas e actividades que redunden en beneficio dos cidadáns de Ourense (será necesario entregar na solicitude unha declaración xurada, asegurando o cumprimento dos apartados c e d).

separador

Como podo rexistrar unha asociación? 

    • Solicitarán a súa inscrición no modelo normalizado, dirixido á Concellaría responsable dos servizos de Participación Cidadá indicando quen será a responsabel da resolución dos expedientes de solicitude de rexistro.
    • Recursos dispoñibles para descarga:
      1. Instancia de alta no Rexistro de entidades cidadás(.doc)
      2. Instancia de alta no Rexistro de entidades cidadás(.pdf)
    • Terá lugar no prazo de 3 meses, que se contarán a partir da data en que tivese entrada a solicitude de inscrición no rexistro que corresponda.

separador

Onde teño que tramitar a solicitude? 

Registro General del Concello

Plaza Mayor nº 1, Bajo. Concello de Ourense.

 

Oficina Municipal de A Ponte

Avda. de Santiago nº 7, Bajo. A Ponte

separador

 

Que documentación é precisa? 

    1. ESTATUTOS da entidade, onde se exprese a súa denominación, ámbito territorial de actuación, domicilio social, as súas finalidades e actividades, patrimonio inicial, recursos económicos dos que poderá facer uso, criterios que garantan o funcionamento democrático da entidade e todos aqueles extremos que se especifiquen na súa normativa reguladora tanto do Estado como da Comunidade Autónoma.
    2. ACREDITACIÓN de rexistro público. Documento público acreditativo da INSCRICIÓN e número da mesma no rexistro de asociacións nacional ou autonómico.
    3. CARGOS DIRECTIVOS: Nome e DNI das persoas que forma a directiva.
    4. DOMICILIO SOCIAL da entidade, teléfono, fax, páxina web, correo electrónico, e outras formas de contato.
    5. ORZAMENTO do ano en curso.
    6. PROGRAMA de ACTIVIDADES a desenvolver no ano.
    7. PERSOAS ASOCIADAS. Certificación acreditativa do número de persoas asociadas con alta formal, e cos pagamentos correspondentes ao día. 

separador

Importante:

Durante o ano, as asociacións e entidades públicas rexistradas no REXISTRO MUNICIPAL DE ENTIDADES CIDADÁS están obrigadas a notificar toda modificación que se produza nos datos inscritos, dentro do mes seguinte á modificación.

As entidades inscritas comunicarán ao Rexistro, no mes de xaneiro de cada ano:

    • Presuposto para o exercicio;
    • Programa de actividades;
    • Certificación actualizada do número de socios cos pagamentos correspondentes realizados;
    • Resultados e data das últimas eleccións para elixir aos seus órganos de goberno conforme cos estatutos de cada entidade.

O incumprimento das obrigas contempladas no Regulamento Orgánico de Participación Cidadá, suporá a apertura dun expediente que pode causar baixa no Rexistro de Entidades Cidadás, e á perda de dereitos vinculados a figurar formalmente inscrito no Rexistro de Entidades sen ánimo de lucro do Concello de Ourense.

separador

Recursos asociados

Modelo de declaración xurada

Modelo de Instancia de renovación no Rexistro

Modelo de certificado de número de socios da asociación de veciños

Formulario de datos xerais da asociación

separador

Para máis información:

Concellería de Participación Cidadá

Praza de San Martiño nº 2 baixo, Ourense

Telf. 988 248890

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.